Crónica del sur de Lugo

75 nenos e nenas da comarca abriron en Sarria as ligas Baby Basket e Xogade

A primeira xornada das ligas Baby Basket e Xogade tivo lugar no pavillón Novo Chanto de Sarria, o domingo 25 de novembro. (Foto: CB Sarria).

O CB Sarria foi o anfitrión da primeira xornada das Ligas Baby Basket e Xogade, promovida pola Federación Galega de Baloncesto e a Xunta de Galicia, a través do programa de Deporte Escolar. Un total de 75 nenos e nenas participaron nesta xornada, celebrada o domingo 25 de novembro no pavillón Novo Chanto.
Na cita sarriana, estiveron alumnos dos colexios de La Merced, La Asunción e Frei Luis de Granada, ademais dos CEIP Antonio Fernández López do Oural, San Miguel de Paradela, e Ricardo Gasset do Incio. Tamén estiveron nenos e nenas do CB Sarria e que realizan actividades deportivas vinculadas á psicomotricidade. (Foto: CB Sarria). •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio