100 lucenses en paro beneficiaranse do plan de emprego en hostelería

• O plan DIMO IV, impulsado por APEHL, conta cunha achega da Xunta de 250.000 euros

Responsables da APEHL e da Xunta presentaron o DIMO IV en Lugo, o 26 de novembro. GPDTL

O 26 de novembro, comezou o programa integrado de emprego DIMO IV, que promove a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostelería de Lugo (APEHL), cunha colaboración económica de 250.000 euros da Xunta. No programa participan 100 persoas desempregadas, que reciben durante un ano asesoramento profesional e formación. A iniciativa vai dirixida, sobre todo, a parados pertencentes a colectivos en risco de exclusión social, e a persoas que, sen estar nesta circunstancia, carecen de competencias persoais ou profesionais para acadar emprego.
Dende a APEHL e a Xunta destacaron que este programa ten un compromiso de inserción profesional do 30%, preto do 40% que están a rexistrar os plans de emprego do Executivo autonómico. Deste xeito, un mínimo de 30 persoas do DIMO IV farán práticas laborais durante tres meses en empresas vinculadas ao programa ou á APEHL.
Ademais de asesoramento personalizado, o programa ofrece formación en competencias comúns do sector hosteleiro, incidindo nos perfís máis demandados. O programa outorga o certificado de profesionalidade como Axudante de Restaurante-Bar. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Néstor Quiroga, do Centro Arena de Chantada, 3º no Campionato Nacional de carreiras de obstáculos

Seguinte Nova

Raquel López Arias, de novo candidata do PSOE á alcaldía de Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: