Crónica del sur de Lugo

Máis de 240 nenos e nenas lucenses participarán en decembro no Mundialito pola Integración

Presentación do Mundialito pola Integración, que se celebrará no Pazo dos Deportes de Lugo os días 23, 29 e 30 de decembro. GPDL

Deporte e convivencia intercultural son os eixos do Mundialito pola Integración, unha iniciativa organizada polo CD Lugo en colaboración coa Deputación provincial. O evento, que se desenvolverá no Pazo dos Deportes de Lugo os días 23, 29 e 30 de decembro, vai dirixido a nenos e nenas de 6 a 11 anos de toda a provincia de Lugo.
O programa do Mundialito pola Integración establécese como un torneo 3×3 de fútbol e un concurso cultural, nos que participarán máis de 240 nenos e nenas de 24 equipos de categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Cada un dos equipos de cada categoría representará a unha das nacións con máis emigrantes en territorio lucense.
As inscricións para participar están abertas ata o 14 de decembro. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio