Crónica del sur de Lugo

En marcha o dispositivo de inverno na rede de estradas provincial

O vicepresidente da Deputación supervisa a maquinaria do dispositivo invernal, na Fonsagrada o 26 de novembro. GPDL

A Deputación de Lugo ten en marcha, dende o día 26, o dispositivo invernal para garantir a cobertura de incidencias nos máis de 4.200 quilómetros de estradas da rede provincial.

OITO MÁQUINAS E 14 OPERARIOS EN CADA UNHA DAS OITO ZONAS
Este dispositivo conta con 112 operarios, equipados con 64 máquinas. Para unha mellor organización, a rede de estradas dividiuse en oito zonas, cada unha delas dotada con oito vehículos e 14 operarios. A maquinaria destinada a cada zona inclúe dous quitaneves con cuña, dous tractores con saleiro e cuña, dúas furgonetas pick-up e dous vehículos de apoio. Para completar o equipamento, haberá máis de 420 toneladas de sal na ducia de saleiros instalados na provincia.
O vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, presentou os detalles do dispositivo invernal na Fonsagrada. Queipo lembrou que, na pasada campaña, o operativo empregou 1.000 toneladas de sal e atendeu case 800 incidencias, un “incremento considerable” respecto ao ano anterior, debido ao mal tempo. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio