O BNG de Monforte pide melloras na estrada da Vide e na recollida do lixo na periferia

O Grupo Municipal do BNG en Monforte presentou ao Pleno de novembro dúas mocións referidas á mellora de servizos e infraestruturas.

«DESEQUILIBRIO» ENTRE O QUE PAGAN AS EMPRESAS E O SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO
En concreto, o voceiro nacionalista en Monforte, Emilio J. Sánchez, solicitou que o Concello resolva o «deficitario» servizo de recollida de lixo que se dá ás numerosas empresas situadas na periferia da cidade. «Nalgúns casos, os contedores son baleirados dúas veces á semana, e noutros, o número de contedores é insuficiente», precisou Sánchez, quen denunciou «a descompensación que hai entre o que pagan as empresas e o servizo que reciben».
Os nacionalistas propoñen como solucións poñer máis contedores ou cambiar os actuais por outros con máis capacidade, e incluso incrementar a frecuencia do seu baleirado.

ARRANXO DA VÍA DA VIDE Á N-120
Emilio Sánchez tamén planteou ao Goberno local que asuma o arranxo da pista que une A Vide coa antiga N-120. O vial presenta «numerosas fochancas» e un pavimento «en evidente mal estado». O voceiro nacionalista propuxo que, aproveitando o próximo arranxo da vía que une a N-120 coa ponte de Piñeira, se renove tamén a da Vide.

BEIRARRÚAS
Así mesmo, e xa que o vial é empregado por moita xente para correr ou pasear, o voceiro do BNG pediu que o Concello acondicione as beirarrúas, en beneficio da seguridade dos peóns.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Reflexión en Chantada sobre a intrahistoria do teatro afeccionado en Galicia da man de Francisco Oti

Seguinte Nova

José Antonio Rodríguez Domínguez presidirá o comité electoral do PP monfortino

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: