Crónica del sur de Lugo

Reflexión en Chantada sobre a intrahistoria do teatro afeccionado en Galicia da man de Francisco Oti

Paco Oti e Xosé Lúgaro, na presentación do libro “O novo teatro galego en Perlío: O Teatro Círculo e Tagallo”, de Francisco Oti, na Casa da Xuventude de Chantada o14 de novembro. CXC

A Casa da Xuventude continúa a propoñer accións culturais de ámbito extramunicipal, neste caso vinculados á produción teatral en Galicia. A mediados de novembro, Francisco Oti presentou neste espazo de Chantada o seu libro “O novo teatro galego en Perlío: O Teatro Círculo e Tagallo”, acompañado por Xosé Lúgaro, membro destes dous colectivos teatrais.

AMPLA EXPERIENCIA
Paco Oti escribiu este traballo dende a súa perspectiva de membro fundador do grupo Teatro Círculo de Perlío en 1954. Oti acumula un amplo coñecemento do teatro contemporáneo en Galicia. Ademais de realizar cursos de formación teatral, desenvolveu tarefas docentes neste eido por toda a comunidade. Así mesmo, exerceu de técnico de xestión en artes escénicas e musicais en diversos eventos e programacións de Galicia.
Logo da intervención de Oti e Lúgaro, abriuse un debate en torno ao libro co público presente na Casa da Xuventude de Chantada.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio