Crónica del sur de Lugo

A Xunta rematou o arranxo integral da LU-642 con preto de 1 millón de euros

• Os últimos traballos na estrada que une Oural e O Incio, rematados este mes, contaron cunha partida de 614.000 euros

Supervisión dos resultados da última fase das obras na LU-642 nos primeiros oito quilómetros do vial, coa presenza do delegado da Xunta en Lugo e a alcaldesa do Incio, entre outros, o 21 de novembro. GPDTL

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade completou este mes a fase de obras que quedaba para a renovación integral da estrada LU-642, que une a localidade sarriana de Oural co municipio de O Incio. O proxecto supuxo un investimento de 935.000 euros, en varias fases, a última delas rematada este mes.

MELLORA TOTAL DO FIRME E ELEMENTOS ANEXOS
O 21 de novembro, o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, achegouse á zona para coñecer o resultado da intervención en 8,3 quilómetros da estrada. Neste tramo, realizáronse traballos de reparación, recuperación e selado do firme, e aplicouse unha nova capa de rodadura con mestura bituminosa en quente. Esta fase do proxecto, cun importe de 614.000 euros, tamén incluiu a renovación da sinalización, a instalación de novas balizas e defensas, e a construción de cunetas practicables en varios puntos do trazado.

MÁIS SEGURIDADE VIAL E ESTRADAS MÁIS CÓMODAS
Balseiro destacou “o esforzo inversor” da Xunta na conservación da rede autonómica de estradas, co fin de velar pola seguridade viaria, e facer máis cómodas as estradas para os usuarios.

DOUS TRAMOS XA ARRANXADOS POR UN TOTAL DE 321.000 EUROS
O representante da Xunta na provincia de Lugo lembrou que esta actuación completa outras obras anteriores no mesmo vial, ata sumar preto dun millón de euros en investimento nunha única estrada.
A mellora do tramo do vial LU-642 entre O Hospital e A Ferrería, no término municipal de O Incio, custeouse con 136.000 euros da Xunta. Posteriormente, o Executivo autonómico destinou outros 185.000 euros para completar o arranxo da estrada entre o quilómetro 8,3 e o 12,6 no seu enlace coa LU-641. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio