Crónica del sur de Lugo

200.000 euros da Deputación para instalar 82 marquesiñas nos 67 municipios lucenses

O presidente da Deputación anunciou o investimento en marquesiñas o 21 de novembro. GPDL

A Deputación investirá 200.000 euros na instalación de 82 novas marquesiñas na rede viaria provincial. A actuación, que se aprobou en Xunta de Goberno o 23 de novembro, beneficiará á totalidade dos 67 concellos da provincia.

5 CONCELLOS DO SUR TERÁN 2 MARQUESIÑAS
Segundo explicou o presidente da Deputación, Darío Campos, o reparto destas dotacións fíxose según o número de quilómetros de estradas provinciais que pasan polos concellos. Este criterio, “totalmente obxectivo”, como apuntou Campos, establece a instalación de dúas marquesiñas naqueles concellos que teñan máis de 80 quilómetros de viais provinciais, o que inclúe a 15 municipios. Os restantes 52 concellos, con menos de 80 quilómetros de rede viaria provincial, disporán dunha nova marquesiña.
Tendo en conta este criterio de distribución, na zona sur contarán con dúas marquesiñas os concellos de Carballedo, Folgoso do Courel, Chantada, Pantón e O Saviñao. O resto dos municipios do sur terán unha marquesiña.
Darío Campos explicou que, unha vez adxudicados os traballos de instalacións destas estruturas, os Concellos terán que sumarse ao proxecto, formalizando a súa solicitude. Segundo os prazos legais de contratación, as peticións municipais deberán realizarse a partir de xaneiro. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio