Crónica del sur de Lugo

O Concello de Monforte pechará o vertedoiro de inertes a comezos de 2019

• “Tería que estar pechado hai 8 anos, cando completou a súa capacidade”, salientou o alcalde

O alcalde e o concelleiro de Servizos explicaron o proxecto de selado do vertedoiro de inertes, a mediados de novembro. GPCM

O vertedoiro de residuos da construción situado na antiga cerámica do Castelo desaparecerá no primeiro trimestre de 2019. O Concello de Monforte aprobou, a mediados de novembro, o proxecto de selado e a licitación da obra por importe de 239.000 euros.
O alcalde, José Tomé, deu a coñecer os detalles dun proxecto “que tiña que estar feito hai 8 anos, cando o vertedoiro completou a súa capacidade”. As tarefas de selado implicarán non só o pechado do vertedoiro de inertes, senón tamén a recuperación medioambiental deste espazo, segundo as estipulacións da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Xunto ao selado superficial, procederase á xestión de lixiviados e dos gases do vertedoiro, ademais das augas pluviais e de escorrentía. O proceso culminará coa revexetación do terreo. O Goberno local tamén estableceu un plan de control e vixilancia do selado durante 30 anos.
O rexedor precisou que a Dirección Xeral de Calidade determinou unha taxa de explotación de 2,36 euros por tonelada métrica para sufragar os gastos. “Pero este fondo non existe, polo que os custes do selado irán a cargo dos fondos municipais”, salientou. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio