Máis de 420.000 vacinacións en Galicia no primeiro mes da campaña da gripe

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, recibiu a vacina contra a gripe no centro de saúde de Baiona, o 16 de novembro. GPXG

A campaña de vacinación contra a gripe que ten en marcha a Consellería de Sanidade vén de cumprir o primeiro mes, cun repunte no número de vacinados. Neste periodo, dispensáronse máis de 420.000 doses, o que supón un incremento de algo máis de 20.000 vacinados que na mesma data da campaña anterior.

A VACINA, A MELLOR PROTECCIÓN
Dende a Consellería lembraron que a vacina é a mellor forma de protexerse fronte á gripe, ao tempo que se evitan as posibles complicacións desta enfermidade. O Sergas pon ao servizo dos usuarios 900 puntos de vacinación, en centros de saúde e hospitais da rede pública, centros sanitarios privados, residencias da terceira idade e outros centros con residentes que poden ser potenciais usuarios desta vacina, como os centros penitenciarios, entre outros.
Entre os grupos aos que vai especialmente dirixida a campaña de vacinación, atópanse as persoas de 60 anos ou máis, e as menores de 60 incluídas en grupos de risco, por padecer patoloxías crónicas, obesidade mórbida, disfunción cognitiva, cancro ou inmunodeficiencias. Tamén se recomenda a vacina ás persoas que conviven con estes grupos de risco, así como ao persoal sanitario e os traballadores esenciais da comunidade. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Quiroga sacará a concurso a xestión do Centro de Día da Ribeira

Seguinte Nova

O Concello de Monforte pechará o vertedoiro de inertes a comezos de 2019

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: