Anuncian a licitación do contrato de redacción da variante da A-76

• O delegado do Goberno en Galicia deu a coñecer en Monforte varias decisións de interese para a comarca

A visita a Monforte do delegado do Goberno en Galicia tivo lugar o 20 de novembro. GPCM

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, achegouse a Monforte o 20 de novembro, para manter un encontro co rexedor local, José Tomé, co fin de coñecer as necesidades do municipio, e anunciar diversas iniciativas do Executivo central.

NOVIDADES NAS COMUNICACIÓNS
Losada anunciou a licitación do contrato de servizos para redactar o proxecto da variante da A-76, cun importe de 650.000 euros. En canto ás comunicacións, Javier Losada adiantou ao alcalde que o Goberno quere acometer en 2019 o proxecto para o trazado dun xiro de vehículos cara a Monforte dende a saída de Expolemos. «Nestes momentos, está en estudo a supresión dunha vía lenta, que ten un tráfico inferior aos 5.000 vehículos por día e, por tanto, é posible facer o xiro hacia Monforte».
No canto ao ferrocarril, Javier Losada afirmou que o Goberno vai asumir o plan presentado polo alcalde para suprimir catro pasos a nivel, e instalar un bypass para as mercadorías.

NOVA COMISARÍA
Noutro orden de cousas, Javier Losada adiantou que a nova comisaría da Policía Nacional está pendente da cesión do edificio, trámite que se concretará «a principios do 2019». O proxecto do novo edificio está incluído no plan de infraestruturas, apuntou. Ademais, o delegado do Goberno en Galicia lembrou tamén que o Executivo central vén de conceder máis de 136.000 euros para rehabilitar 25 vivendas en Monforte.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As luces do Nadal prenderanse en Monforte o 5 de decembro

Seguinte Nova

O Concello de Quiroga sacará a concurso a xestión do Centro de Día da Ribeira

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: