Crónica del sur de Lugo

Anuncian a licitación do contrato de redacción da variante da A-76

• O delegado do Goberno en Galicia deu a coñecer en Monforte varias decisións de interese para a comarca

A visita a Monforte do delegado do Goberno en Galicia tivo lugar o 20 de novembro. GPCM

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, achegouse a Monforte o 20 de novembro, para manter un encontro co rexedor local, José Tomé, co fin de coñecer as necesidades do municipio, e anunciar diversas iniciativas do Executivo central.

NOVIDADES NAS COMUNICACIÓNS
Losada anunciou a licitación do contrato de servizos para redactar o proxecto da variante da A-76, cun importe de 650.000 euros. En canto ás comunicacións, Javier Losada adiantou ao alcalde que o Goberno quere acometer en 2019 o proxecto para o trazado dun xiro de vehículos cara a Monforte dende a saída de Expolemos. “Nestes momentos, está en estudo a supresión dunha vía lenta, que ten un tráfico inferior aos 5.000 vehículos por día e, por tanto, é posible facer o xiro hacia Monforte”.
No canto ao ferrocarril, Javier Losada afirmou que o Goberno vai asumir o plan presentado polo alcalde para suprimir catro pasos a nivel, e instalar un bypass para as mercadorías.

NOVA COMISARÍA
Noutro orden de cousas, Javier Losada adiantou que a nova comisaría da Policía Nacional está pendente da cesión do edificio, trámite que se concretará “a principios do 2019”. O proxecto do novo edificio está incluído no plan de infraestruturas, apuntou. Ademais, o delegado do Goberno en Galicia lembrou tamén que o Executivo central vén de conceder máis de 136.000 euros para rehabilitar 25 vivendas en Monforte.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio