Crónica del sur de Lugo

Aberto o prazo para inscribirse no programa Lugo Termal

• Esta iniciativa da Deputación ofrece estancias e tratamentos con descontos en tres balnearios da provincia • O Lugo Termal está deseñado para lucenses maiores de 55 anos que estean empadroados en calquera dos concellos da provincia

O balneario de Augas Santas, en Pantón, ofrece 730 prazas con estancia e outras 20 só de tratamentos, dentro do programa Lugo Termal. Arquivo EC

Dende o 21 de novembro, está aberto o prazo de solicitude para participar no Lugo Termal, o programa de termalismo saudable da Deputación de Lugo. O organismo provincial ofrece descontos no prezo de tratamentos e estancias nos balnearios de Augas Santas, en Pantón, Termas de Lugo, e balneario Río Pambre, en Palas de Rei. O programa vai dirixido a lucenses maiores de 55 anos que estean empadroados en calquera dos concellos da provincia.
Nesta edición, o organismo provincial duplicou o número de prazas do Lugo Termal, para facilitar a participación de preto de 1.200 veciños e veciñas da provincia.

TRATAMENTOS DE 1O DÍAS SEN ESTANCIA
O programa Lugo Termal dá a posibilidade de beneficiarse de descontos en tratamentos termais puntuais, ou tamén de estancias que inclúen paquetes de tratamentos. Na primeira modalidade, a Deputación oferta 160 prazas subvencionadas en balnearios sen estancia, das que 120 son nas Termas de Lugo, 20 en Augas Santas, e as outras 20 no Río Pambre. Cada beneficiario poderá desfrutar de entre 30 e 40 técnicas termais durante 10 días, distribuídas en 3 técnicas diarias, ademais dun recoñecemento médico. O prezo do paquete, xa aplicados os descontos do Lugo Termal, é de 200 euros por persoa.

PRAZAS CON TRATAMENTO E ESTANCIA NO BALNEARIO
A outra modalidade do Lugo Termal ofrece paquetes combinados de tratamento termal e estancia de 6 días e 5 noites no balneario, de domingo a venres. O prezo, de 190 euros cos descontos aplicados, inclúe pensión completa, un recoñecemento médico, de 15 a 20 técnicas termais, e actividades socioculturais. Con estas características, haberá 960 prazas, das que 730 serán no balneario de Pantón, 180 no de Palas de Rei, e 50 nas Termas de Lugo.
Cómpre destacar que o Lugo Termal dispón de atención especializada para persoas con problemas de mobilidade, e programas específicos para persoas con discapacidade. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio