Renovado o parque infantil da Praia Fluvial de San Clodio

O alcalde de Ribas de Sil, Miguel Sotuela, e o deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, supervisaron as renovadas instalacións de lecer, a mediados de novembro. GPDL

A contorna da Praia Fluvial de San Clodio conta cun mellor servizo para veciños e visitantes. A Deputación e o Concello de Ribas de Sil veñen de renovar o parque infantil, cunha inversión de 26.500 euros, dos que 10.000 foron aportados polo organismo provincial. As melloras incluíron a colocación de novos elementos de xogo e pezas de mobiliario urbano. Así mesmo, recuperouse o terreo mediante a colocación de céspede, e instalouse un novo peche perimetral e paneis informativos.
VARIAS MELLORAS PARA REVITALIZAR A ZONA NOS ÚLTIMOS ANOS
Esta reforma vén sumarse ás que se levan realizando nos últimos anos neste espazo, un dos lugares do municipio máis atractivos para os visitantes. Nos últimos anos, a Deputación colaborou co Concello na instalación de dous rocódromos.
Ademais, na capitalidade municipal o organismo provincial destinou case 70.000 euros en 2015 para acondicionar o parque infantil da Praza do Ladrillo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación renova o convenio coa Real Academia Galega por 9.000 euros

Seguinte Nova

Aberto o prazo para inscribirse no programa Lugo Termal

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: