Crónica del sur de Lugo

Licitada en 126.000 euros a reforma da emblemática igrexa do Incio

A igrexa de Sta. Cruz do Incio, inaugurada en 1963, é un edificio singular do arquitecto José Luis Fernández del Amo. GPXG

A Consellería de Cultura e Turismo licita estas obras, coas que se vai mellorar de xeito integral o edificio. O proxecto inclúe a recuperación de cubertas e carpintería para evitar filtracións, a redución da humidade, o illamento térmico e a renovación completa da instalación eléctrica, así como tratamentos específicos en puntos con máis deterioro. As obras tamén van completar elementos que quedaron pendentes no seu día, como as escaleiras que dan ao campanario. Así mesmo, levaranse a cabo tarefas de estética urbana, coa eliminación do cableado exterior e outros elementos vinculados á fachada.
A igrexa da Cruz do Incio foi deseñada por José Luis Fernández del Amo, unha das figuras máis representativas da nova arquitectura española do século XX. Ademais do edificio, del Amo tamén deseñou os elementos interiores e mobiliario. O templo conta con pezas do escultor José Luis Sánchez Fernández Pepus, e dos vidreiro José Luis Gómez Perales e os irmáns Atienza. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
Ir a Inicio