Crónica del sur de Lugo

A Deputación premiará con 50.000 euros aos novos emprendedores do rural

A deputada de Promoción Económica, Sonsoles López Izquierdo, na presentación dos I Premios Emprendendo no Rural, o 15 de novembro. GPDL

O organismo provincial estrea os premios “Emprendendo no Rural”, unha nova iniciativa para apoiar a “aquelas persoas que desexen abrir un novo negocio no rural, e precisen dun pequeno pulo para facelo”. A convocatoria recoñecerá proxectos orixinais e innovadores, de calquer sector de actividade, que contribúean á xeración de emprego e riqueza, e a fixar poboación no rural.
Segundo explicou a deputada de Promoción Económica, Sonsoles López Izquierdo, os premios están abertos a calquer persoa, aínda que é imprescindible non estar constituídos como empresa, xa que os galardóns premian a idea, o compromiso de constituírse como empresa antes do 31 de agosto de 2019, afincarse no rural e manter a actividade empresarial durante un mínimo de dous anos. A convocatoria ofrece cinco premios de 10.000 euros cada un. O prazo para participar nos premios “Emprendendo no Rural” remata o 29 de novembro. A información completa sobre a convocatoria, e os detalles da documentación requerida poden atoparse no enlace http://deputacionlugo.gal/gl/temas/emprego/emprendendo_rural.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EMPREGO

Ir a Inicio