Lugo festexou os 50 anos de traballo da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega

Entre outras autoridades, participaron na celebración dos 50 anos de ACRUGA o conselleiro do Medio Rural e o delegado da Xunta en Lugo. GPXG

O 16 de novembro celebrouse en Lugo o 50º aniversario da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (ACRUGA). Esta organización sen ánimo de lucro suma 1.247 socios e 1.760 criadores de raza rubia galega. O colectivo traballa con estes criadores para levar a cabo programas de selección e mellora xenética dos exemplares desta cabana vacún, co obxectivo de incrementar a rendibilidade dos criadores e posicionar o produto nas mellores condicións no mercado.
Dende a Consellería destacaron a importancia da vaca rubia galega no desenvolvemento socioeconómico do rural, dada a súa presenza durante séculos, e sendo fundamental para a subsistencia. Por localizacións, o 76% das explotacións de rubia galega están na provincia de Lugo, territorio que acolle ao 75% da cabana desta variedade. En Galicia, están censados preto de 36.000 exemplares, o que converte á nosa comunidade en líder nacional. Neste sentido, o conselleiro do Medio Rural, José González, destacou no aniversario de ACRUGA «o enorme prestixio» desta raza entre os consumidores, mérito que foi «gañado a pulso polos criadores e gandeiros, e coa axuda da Administración». O titular de Medio Rural lembrou o convenio que mantén a Consellería con ACRUGA, por valor de máis de 600.000 euros. Esta partida destínase ao programa de mellora xenética, na liña dos traballos que realiza a Consellería na Axencia Galega de Calidade Alimentaria.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Completados os arranxos en accesos de catro núcleos rurais no Incio

Seguinte Nova

A Deputación premiará con 50.000 euros aos novos emprendedores do rural

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: