Lugo acolle a II Xornada Técnica sobre o porco celta en Galicia

Responsables de ASOPORCEL, entidade organizadora da xornada técnica, na presentación do evento xunto a responsables da Deputación, da Delegación Territorial da Xunta e do Concello de Lugo, a mediados de novembro. GPDL

A Asociación do Porco Celta (ASOPORCEL) celebra o 24 de novembro en Lugo a II Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia, centrada na rendibilidade das explotacións, a mellora sanitaria da cabana, e as expectativas deste produto no mercado.
ASOPORCEL disporá dunha achega de 45.000 euros da Deputación de Lugo para financiar os custes dos programas sanitarios das explotacións da provincia. O territorio lucense concentra o 40% dos produtores de porco celta de Galicia, con preto de 52 explotacións. O modelo de produción destas granxas destaca pola súa excelencia, o que as converte nun referente para o resto da comunidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Goberno local defende a xestión realizada nas parroquias de Monforte

Seguinte Nova

Completados os arranxos en accesos de catro núcleos rurais no Incio

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: