Unha guía turística para coñecer o corazón de Galicia

Son 22 páxinas que recollen os recursos máis destacados de Chantada

Redacción – Chantada

A nova guía de Chantada inclúe información histórico-artística, gastronómica e lúdica deste municipio. EC.

O Concello de Chantada conta dende hai unhas semanas cunha guía turística do municipio. A idea surxiu a través da Asociación Cultural Amigos do Folión, que tal e como explicou o seu presidente, Javier Medela, “decatámonos de que había un vacío neste senso, no ámbito turístico, así que decidímonos a realizala, e para iso contamos coa colaboración da área de turismo da Deputación de Lugo e por suposto, do propio Concello de Chantada”.

Ferramenta útil

Baixo o nome Chantada, Corazón de Galicia, nas súas páxinas podémonos atopar en primeiro lugar cunha reseña xeográfica. “Pero no seu interior recóllese unha mostra de todos os recursos turísticos, etnográficos, culturais e gastronómicos cos que conta a vila do Asma”. Trátase dun guía moi útil e necesaria, que todos os interesados xa poden atopar no propio Concello de Chantada, pero tamén en outras Casas Consistoriais, en casas da Cultura doutras localidades, nos colexios e institutos, e tamén en distintos puntos de información. “Dende logo é unha ferramenta moi útil, e que sabíamos que era moi necesaria para un concello con tanto que explotar como é o de Chantada, porque non tíñamos nada semellante. Ademais conta cun formato pequeno e moi práctico, e a verdade é que xa recibimos bastantes felicitaciósn polo traballo realizado”, sinalou Medela.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Castro Candaz emerxe de novo

Seguinte Nova

Presentado o diario do militar monfortino Faustino Vázquez

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: