Crónica del sur de Lugo

340.000 euros da Deputación para arranxar 2 quilómetros na estrada entre San Xiao e Carracedo

O presidente da Deputación, Darío Campos, supervisou os traballos en Láncara, co deputado Pablo Rivera, o 7 de novembro. GPDL
A Deputación está a desenvolver traballos de mellora en dous quilómetros da LU-P-2703, para os que destinou unha partida de 340.000 euros. O presidente do organismo provincial, Darío Campos, achegouse a Láncara para supervisar o avance das obras, que se desenvolven dende A Pobra de San Xiao a Carracedo.
ESTRADA COMPLETAMENTE RENOVADA CUN TOTAL DE 1,1 MILLÓNS
O titular da Deputación, que estivo acompañado polo deputado Pablo Rivera, destacou que os traballos que leva a cabo o Executivo provincial completan os que xa se fixeron con anterioridade neste mesmo vial. En concreto, Campos explicou que a Deputación ten investido 800.000 euros no acondicionamento dos primeiros seis quilómetros e medio. Deste xeito, a estrada LU-P-2703 quedará completamente renovada, logo de investir un total de 1,1 millóns de euros.
Campos salientou tamén a utilidade destes traballos, que beneficiarán “directamente” aos máis de 1.000 veciños que residen nos núcleos de A Pobra e Carracedo. “É unha estrada que soporta unha grande cantidade de tráfico rodado”, precisou o mandatario provincial.
VIAL “ESTRATÉXICO” PARA LÁNCARA
Pola súa banda, dende o Consistorio, o alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, valorou o “esforzo” da Deputación “por mellorar a calidade de vida de todos e cada un dos lancareses”. Ademais, Piñeiro incidiu na importancia do arranxo deste vial, “estratéxico para o noso municipio”.
Neste sentido, Piñeiro aproveitou para criticar á Xunta polos “os máis de 25 anos de loita e espera” para acometer o arranxo íntegro da estrada LU-621, de titularidade autonómica. O rexedor destacou a importancia deste vial por ser o outro enlace de Láncara coa Pobra de San Xiao. “Por fin, os lancareses teremos unhas infraestruturas seguras e de primeiro nivel”, salientou .•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio