O Ecomuseo Pazo de Arxeriz presume de edificio

Imaxe de arquivo da apertura dunha das salas do Ecomuseo Pazo de Arxeriz. Arquivo EC
O Ecomuseo de Arxeriz está a poñer en valor a riqueza do seu edificio coa inclusión do termo «pazo» na denominación oficial deste espazo museístico.
O PAZO QUE ACOLLE O ECOMUSEO, O GRAN DESCOÑECIDO
A decisión foi tomada pola Fundación Xosé Soto de Fión, e anunciada a finais de outubro nun comunicado emitido polo director do Ecomuseo, José Antonio Quiroga. A redefinición do nome deste espazo museístico, que a partir de agora se coñecerá como Ecomuseo Pazo de Arxeriz, baseouse na análise que se realizou para coñecer a tipoloxía de motivos e referencias que os visitantes teñen para achegarse ao museo. Segundo as conclusións do estudo, «a maior parte dos visitantes asocian o Ecomuseo de Arxeriz cun centro exclusivamente adicado á etnografía», precisou Quiroga, aínda que tamén se vincula este museo co espazo natural e co castro. O director do Ecomuseo salientou que «son moi poucos os que saben que as salas están nun antigo pazo construído a comezos do século XVIII», que mantén a estrutura típica en U co aderezo posterior de novos anexos.
XARDÍN SINGULAR
De aí que a inclusión do termo «pazo» na denominación do Ecomuseo, segundo Quiroga, «dálle un sentido axeitado á realidade museística», ao poñer en valor, por exemplo o seu característico xardín. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Emprendemento e atención responsable, na axenda formativa da Escola de Hostelería de Sober

Seguinte Nova

A nova quenda de cursos da Xunta para desempregados formará a case 2.500 persoas na provincia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: