Emprendemento e atención responsable, na axenda formativa da Escola de Hostelería de Sober

Foto de grupo dos participantes e relatores do curso sobre emprendemento que acolleu a Fundación Belarmino Fernández Iglesias, o 6 de novembro. (Foto: Fundación BFI)
A actividade formativa na Fundación Belarmino Fernández Iglesias incluiu estes días novos cursos en torno ao emprendemento e á prática responsable en hostelería.
MÁIS FORMACIÓN PARA EMPRENDER
O 6 de novembro celebrouse na Escola de Hostelería de Sober a segunda sesión dunha actividade para promover o espírito emprendedor entre os estudantes dos Ciclos Formativos de Grao Medio de Cociña e Gastronomía, e de Servizos e Restauración. Desta volta, o alumnado coñeceu as formas de financiación dos negocios, e as fórmulas xurídicas baixo as que se pode constituír unha empresa.
A xornada forma parte do programa «Finanzas para Mortais», organizado dentro do convenio entre a Consellería de Educación, a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e investigación do sector financieiro, e o Banco Santander.
Jacobo Peña impartiu na Fundación BFI o curso anual sobre atención responsable en hostelería. (Foto: Fundación BFI)
EVITAR PROBLEMAS CO ALCOL MEDIANTE UNHA ATENCIÓN RESPONSABLE
Ao día seguinte, tivo lugar o curso que todos os anos  organiza a Fundación Belarmino Fernández Iglesias, e no que se abordan as estratexias dos hosteleiros para ofrecer unha atención responsable. Da man de Jacobo Peña, os asistentes aprenderon recursos para evitar problemas vinculados ao alcol, para procurar unha experiencia  social saudable e grata aos clientes. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O rural ofreceu en Folgoso unha opción lúdica e cultural para a mocidade no programa Xuventur

Seguinte Nova

O Ecomuseo Pazo de Arxeriz presume de edificio

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: