O rural ofreceu en Folgoso unha opción lúdica e cultural para a mocidade no programa Xuventur

Visita da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a alcaldesa de Folgoso, Lola Castro, aos participantes no Xuventur, a finais de outubro. GPXG

Folgoso do Courel foi unha das sedes do programa Xuventur 2018, unha iniciativa da Xunta para promover o rural como opción de lecer e cultura para a mocidade. Nesta edición do programa, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo e a de Política Social, participaron 500 mozos e mozas durante os fins de semana do mes de outubro.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou á última quenda de participantes nas actividades de Folgoso do Courel. Acompañada da alcaldesa, Lola Castro, coñeceu de primeira man a experiencia destes mozos e mozas, que desenvolveron obradoiros de creación audiovisual e artes escénicas, ao tempo que se achegaron aos atractivos da paisaxe do interior da provincia.
As actividades do Xuventur tiveron lugar en diversas comarcas de Galicia, con estadías de balde en entornos rurais, e un programa variado de actividades saudables, culturais e de lecer. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Rede Museística Provincial editou o catálogo da colección de ourivería antiga

Seguinte Nova

Emprendemento e atención responsable, na axenda formativa da Escola de Hostelería de Sober

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: