A Rede Museística Provincial editou o catálogo da colección de ourivería antiga

A presentación do novo catálogo da Rede Museística Provincial tivo lugar o 5 de novembro. GPDL
A divulgación do patrimonio cultural da provincia de Lugo vén de contar cunha nova publicación. A colección de ourivería do Museo Provincial dispón xa do seu propio catálogo, editado pola Deputación e coordinado por Aurelia Balseiro, directora do Museo.
PEZAS CONSIDERADAS BENS DE INTERESE CULTURAL
No catálogo, que foi presentado o 5 de novembro, recóllense 55 pezas de ourivería prerromana, de ouro e prata, que datan do periodo entre o III milenio a.C. e o século VI d.C. Desta colección, 40 pezas proceden da colección do filántropo Álvaro Gil Varela, que foi declarada Ben de Interese Cultural en 2015 e adquiridas pola Deputación. As restantes 15 pezas forman parte dos fondos propios do Museo Provincial.
O prólogo asinado por Raquel Casal García abre o catálogo, para seguir cunha introdución sobre a elaboración das pezas de ouro. O segundo capítulo recolle o traballo de investigación sobre ourivería antiga realizado por Aurelia Balseiro. O catálogo ofrece, nos capítulos terceiro e cuarto, dous novidosos artigos sobre a composición e estado físico-químico destas pezas. Ofelia Carnero asina o quinto capítulo, adicado á catalogación dos 55 obxectos. A publicación complétase cun apéndice bibliográfico, glosarios e anexos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Dúas granxas do sur de Lugo, entre as galardoadas nos Premios Exceleite 2018

Seguinte Nova

O rural ofreceu en Folgoso unha opción lúdica e cultural para a mocidade no programa Xuventur

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: