O Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria cumpriu 24 anos

• O delegado da Xunta en Lugo asistiu á celebración no CAPD, e gabou o traballo diario dos profesionais do centro, e a implicación das familias

A celebración dos 24 anos de actividade do CAPD de Sarria tivo lugar o 26 de outubro. GPDTL

A finais de outubro, cumpríronse os primeiros 24 anos de funcionamento en Sarria do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade. Para celebralo, organizouse unha xornada festiva o 26 de outubro, con actividades especiais para os usuarios, que puideron desfrutar de música, xogos e diversos obradoiros.
Á celebración sumáronse representantes institucionais a nivel local e autonómico, que felicitaron ao equipo de profesionais pola súa labor cotiá, respaldados polas familias dos usuarios. O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, gabou o traballo da plantilla, e a implicación do entorno familiar das persoas con discapacidade.
Balseiro lembrou o compromiso da Xunta por “estar ao lado dos máis vulnerables, reforzando o gasto social para mellorar servizos públicos como este”. O delegado da Xunta enumerou as reformas custeadas pola Consellería de Política Social, que inclúe a reparación da cuberta e o chan da lavandería, traballos de pintura interior e a adaptación da cociña e da calefacción para o subministro de gas. Balseiro anunciou que a Xunta financiará a compra de dous guindastres de elevación e un de bipedestación, cos que atender as necesidades dos usuarios. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Un 25% máis en axudas para protexer e coidar aos animais abandonados

Seguinte Nova

Avances na guía que prepara a Xunta para combatir o radón

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: