Crónica del sur de Lugo

Un 25% máis en axudas para protexer e coidar aos animais abandonados

• O incremento aplicarase nas próximas axudas da Consellería a centros de recollida

Belén do Campo, directora xeral de Patrimonio Natural, reuniuse co coordinador da asociación animalista Libera Galicia, Rubén Pérez, o 29 de outubro. GPXG
A recente entrada en vigor da Lei de protección e benestar animal da Xunta vaise concretando en novas medidas. Por unha banda, a Consellería de Medio Ambiente anunciou que vai aumentar a aportación económica das axudas aos centros de recollida de animais. Ademais, estase a avanzar no regulamento de dita Lei, en colaboración con diversas entidades.
CUSTES DE ESTERILIZACIÓN E DE IDENTIFICACIÓN
En canto á financiación, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, adiantou un incremento do 25% no importe das axudas que se van destinar en 2019 para atender aos animais abandonados. O detalle foi dado a coñecer logo da reunión de traballo mantida pola representante da Consellería do coordinador da asociación animalista Libera Galicai, Rubén Pérez, a finais do mes pasado. Segundo precisou do Campo, as subvencións cubrirán a esterilización cirúrxica dos animais que residan en centros de recollida autorizados, e dos integrantes de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei. O obxectivo da esterilización é evitar a reproducción incontrolada, e facilitar a adopción dos animais. Nesta liña, as axudas tamén custearán a identificación con microchip, a inscrición no rexistro e a expedición do pasaporte sanitario.
Do Campo salientou que, dende que está en vigor a nova Lei, duplicouse o número de inscricións no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía. De xaneiro a outubro deste ano, formalizáronse 66.344 inscricións.
En canto ao regulamento da Lei, do Campo solicitou a Libera Galicia as súas aportacións para avanzar na elaboración do texto.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio