Crónica del sur de Lugo

O bono social eléctrico da Xunta quere chegar a máis familias

• A Consellería organizou unha xornada para formar aos técnicos das administracións e asociacións que tratan directamente cos consumidores

O delegado da Xunta en Lugo, na xornada informativa sobre o bono social eléctrico, que tivo lugar en Cáritas Lugo o 29 de outubro. GPXG
Achegar ás familias máis vulnerables as vantaxes do bono social eléctrico é o obxectivo da campaña que está a desenvolver a Xunta. Ante a chegada do inverno, o Executivo autonómico incrementa a información sobre o complemento que a Xunta ofrece ao bono social do Estado, para diminuir o impacto da chamada pobreza enerxética.
A finais de outubro, celebrouse no local de Cáritas en Lugo unha xornada informativa para asesorar aos técnicos dos servizos sociais municipais e asociacións de consumidores, ademais do persoal de colectivos como Cáritas e Cruz Vermella. Segundo explicou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, estes profesionais son os que tratan directamente ás familias con menos recursos, para as que van destinadas estas axudas.
O COMPLEMENTO AUTONÓMICO DE GALICIA, O PRIMEIRO DE ESPAÑA
O bono social do Estado ofrece bonificacións de entre o 25% e o 40% do recibo eléctrico. Balseiro lembrou que Galicia foi a primeira comunidade en dar axudas complementarias. Neste sentido, a Xunta paga o 50% da factura dos consumidores vulnerables severos, e garante que non haxa cortes no servizo, grazas ao protocolo de colaboración que ten asinado coas principais comercializadoras. •

• Preto dun centenar de familias lucenses xa se benefician deste complemento autónomico, que garante atender o pago das facturas e que non haxa cortes no subministro

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio