A Escola Municipal de Música de Samoedo na Pobra do Brollón conta con 100 alumnos

O festival As Cores do Outono, celebrado recentemente na Pobra do Brollón, reuniu a referentes da música tradicional galega como Luar na Lubre. (Foto: PILI CHAOS).
A Escola Municipal de Música de Samoeiro, na Pobra do Brollón, vén de comezar o novo curso cun cento de matrículas. Segundo destacaron dende o Consistorio, estes 100 alumnos dan boa proba de que a Pobra do Brollón «é un municipio vencellado á música», en especial aos sons máis tradicionais de Galicia. De feito, as materias con maior índice de alumnado están relacionadas coa música tradicional galega. Así, en gaita rexístranse 18 matrículas, 35 en percusión tradicional e outras 44 en baile tradicional.
FESTIVAL REFERENTE EN MÚSICA TRADICIONAL
Nesta liña, están a traballar dende o Concello con iniciativas de impulso á música tradicional, tanto dende o eido da formación como dende o seu carácter lúdico. O festival As Cores do Outono, organizado polo Concello en colaboración coa Deputación de Lugo, estase a consolidar como un referente na provincia dentro dos eventos da música tradicional galega.
A oferta da Escola Municipal de Música de Samoeiro complétase coas especialidades de acordeón, coro, piano, guitarra e linguaxe musical. Os máis cativos poden asistir a iniciación musical, música e movemento, e linguaxe musical infantil.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga entra a formar parte do mapa de eventos da Federación Galega de Voleibol

Seguinte Nova

Denuncian que Sanidade «discrimina» ao sur de Lugo no servizo de Fisioterapia, con listas de espera en Chantada de preto de dous anos

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: