Crónica del sur de Lugo

Quiroga entra a formar parte do mapa de eventos da Federación Galega de Voleibol

O voleibol goza de gran popularidade no sur de Lugo. (Foto: www.pixabay.com)
O municipio de Quiroga incorpórase ao deporte de primeiro nivel, logo da sinatura dun convenio coa Federación Galega de Voleibol.
O ALBERGUE E O PAVILLÓN MUNICIPAIS ACOLLERÁN CONCENTRACIÓNS DA SELECCIÓN GALEGA
Segundo este acordo, o Concello de Quiroga cede as instalacións do albergue e o pavillón municipais para que a Federación poida organizar concentracións da selección galega desta disciplina, ademais de eventos de tecnificación.
Na sinatura do convenio, que tivo lugar o 11 de outubro, estiveron presentes o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o presidente da Federación Galega de Voleibol, José Ángel Luna. Ademais, asistiron o concelleiro de Deportes, Andrés Novoa, e representantes do CV Ribeira Sacra, auténticos impulsores deste acordo.
IMPULSO Á CANTEIRA
Dende a Federación valoraron positivamente este acordo, xa que permite á entidade deportiva aumentar a gama de actividades e eventos destinados a impulsar a canteira do voleibol en Galicia. •
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio