A ocupación na Ribeira Sacra medrou 3 puntos nesta Ponte do Pilar

Os atractivos patrimoniais da Ribeira Sacra permiten un abano máis amplo de actividades para desfrutar desta zona durante o outono. Arquivo EC

A Ribeira Sacra acadou unha ocupación hoteleira do 95% na recente Ponte do Pilar, o que implica un aumento de tres puntos respecto ao mesmo periodo de 2017. Segundo os datos presentados polo Consorcio de Turismo, os hoteis de 4 e 3 estrelas rexistraon unha ocupación do 94%, mentres que o turismo rural tivo un 93%. Destaca así mesmo a ocupación noutros establecementos, que subiu ata o 97%.

Estas cifras refírense aos rexistros dende o xoves 11 ao domingo 14 de outubro, aínda que a porcentaxe acadou un pico máximo do 98% o venres e o sábado da Ponte do Pilar.
Dende o Consorcio destacaron tamén as boas cifras de viaxeiros nas rutas de catamarán, con valores “moi superiores” aos de 2017. Na recopilación de datos, o Consorcio constatou que as compañía operadoras están “moi satisfeitas”, xa que chegaron a cubrir a prática totalidade das prazas, ademais de detectar un aumento das reservas anticipadas. De feito, un dos operadores esgotou as prazas un mes antes da Ponte do Pilar.
A chegada de visitantes tamén se fixo notar nas Oficinas de Turismo da Ribeira Sacra, que nalgún caso aumentaron as visitas nun 43%. A procedencia foi sobre todo nacional, aínda que houbo case un 4% de visitantes estranxeiros. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Aula UNED de Monforte pon en marcha novos cursos

Seguinte Nova

En prazo as axudas do Concello de Sober ao transporte universitario

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: