Crónica del sur de Lugo

Comezaron as sesións de ximnasia de mantemento nas parroquias de Sober

Participantes na actividade de ximnasia de mantemento na parroquia de Rosende, dentro do programa de ocio saudable que organiza o Concello de Sober. GPCS
O Concello de Sober ten en marcha, dende mediados deste mes, a actividade de ximnasia de mantemento en sete parroquias e na capitalidade. O programa está aberto a todas as parroquias que o soliciten, sempre que xunten un grupo mínimo de 6 persoas.
XIMNASIA POLA TARDE NAS PARROQUIAS, E DE MAÑÁ E TARDE NA CAPITALIDADE
Os luns hai sesión de ximnasia en Vilaescura ás catro da tarde, en Anllo ás cinco, en Rosende ás seis e en Canabal ás sete. Os mércores terán lugar as clases ás catro en Doade e ás sete en Neiras. O xoves é a quenda de Arxemil, con ximnasia ás catro da tarde. Na capitalidade o horario de ximnasia de mantemento é máis amplo. Hai clase ás once da mañá os martes, mércores e xoves, e tamén os mércores ás cinco e media da tarde.
As sesións de ximnasio de mantemento son de balde.
HORARIOS DO XIMNASIO MUNICIPAL
Dentro da programación lúdica e de benestar, o Concello de Sober abriu o ximnasio municipal o 17 de outubro, para as actividades do novo curso. A sala de máquinas está aberta os martes, mércores e xoves pola mañá, de dez e media a unha e media, e os martes e xoves pola tarde de cinco e media a oito. O acceso ao ximnasio municipal de Sober é gratuíto.
“ACTIVA CORPO E MENTE”
Dende o 23 de outubro, desenvólvese no ximnasio de Sober o programa “Activa corpo e mente”, unha nova actividade para facilitar o exercicio físico pero tamén as capacidades cognitivas. As sesións, que teñen lugar os martes ás cinco e media, están destinadas a adultos maiores de 60 anos. A actividade inclúe ximnasia suave, ritmo e baile, xogos sensoriais de habilidade e ximnásticos, de representacións, competitivos e dinámicas grupais. Os participantes tamén realizarán técnicas de relaxación e de exercicio da memoria. •
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio