Crónica del sur de Lugo

Sendeirismo, foto, benestar e viaxes, na axenda de outuno da Escola de Idiomas de Monforte

As celebracións do calendario nas culturas europeas protagonizan diversos eventos na Escola de Idiomas de Monforte. Arquivo EC
A Escola de Idiomas de Monforte iniciou a axenda de eventos do curso 2018-2019, participando con 40 estudantes do centro na III Andaina Escolar polo Camiño de Inverno, organizada pola Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra.
Na Escola xa traballan na organización da viaxe a Bruxelas. Con este fin, o mércores 31 de outubro haberá unha reunión informativa ás 18,30 na aula 1. Por outra banda, o Club de Conversación en inglés arranca o 6 de novembro no bar A Cova, os martes ás 20,30 horas.
IOGA, CONCURSOS E HALLOWEEN
Para o alumnado do centro, a Escola organiza unha sesión de ioga en inglés, coa auxiliar de conversa Caitlin Cooper, os xoves de 18,30 a 19,30. É preciso levar esterilla.
A Escola convoca dous concursos. O Outono Fotográfico premiará as mellores imaxes con tres cestas de produtos de tempada. O prazo acaba o 13 de novembro. O 31 de outubro é o límite para o concurso  de Halloween de relatos curtos de medo en inglés. Para despedir outubro, o martes 30 terá lugar o taller de cociña para o alumnado de francés, e o mércores 31 celebrarase o “Trick or Treat”.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

     
Ir a Inicio