Conta atrás para o Castanhazo Rock de Chantada

Música e actividades para todos os públicos na vila do Asma durante o venres 2 e o sábado 3 de novembro

O XVI Castanhazo Rock celebrarase en Chantada os días 2 e 3 de novembro. GPDL
Chantada continúa cumplindo a tradición musical de cada outono, coa edición número dezaseis do Castanhazo Rock. A gran cita roqueira do sur lucense terá lugar o venres 2 e o sábado 3 de novembro. Nestas datas, o espazo do Mercado Gandeiro vibrará coa propostas de 13 grupos, nun evento organizado pola Asociación Cultural O Castanhazo, e co apoio da Deputación de Lugo, que destina 6.000 euros á organización.
O venres 2 de novembro, actuarán no festival chantadino os grupos Talco, Descato, LDS, Mafalda, Rebelión do Inframundo, e La Otra.
AXENDA DO SÁBADO
A xornada do sábado día 3 ofrecerá, ademais da música, unha ampla oferta de actividades. O Castanhazo Infantil inclúe un concerto dos combos infantil e xuvenil de música moderna da Casa da Música de Chantada, ás 12 horas na Praza do Cantón, ou no Auditorio se chove.  A continuación, celebrarase a Pinchada Cativa “Déixalle ao Dillei”, con djs que misturarán temas para o público infantil. Con carácter previo, o Castanhazo Infantil organiza o martes 30 de outubro unha sesión de regueifas e improvisación con Alba María, para o alumnado de 6º dos CEIP Xoán de Requeixo e Eloísa Rivadulla. A xornada completarase con cantos de taberna e xogos bravús, pola tarde. A música voltará á noite, cos concertos de Boikot, Zoo, Dakidarria, Smoking Souls, Raiba e Mekanika.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

700 quilos de produto para gozar da XXXI Festa da Castaña de Folgoso do Courel

Seguinte Nova

Sendeirismo, foto, benestar e viaxes, na axenda de outuno da Escola de Idiomas de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: