Crónica del sur de Lugo

A arqueoloxía tende pontes culturais e reivindicativos entre Chile e A Pobra do Brollón

O grupo de arqueólogos chilenos durante a súa visita á Pobra do Brollón, o pasado 9 de outubro. (Foto: Némesis Creaciones)
As escavacións que se están a realizar nos últimos anos no municipio da Pobra do Brollón están a atraer a atención dos estudosos internacionais.
A comezos deste mes, un grupo de arqueólogos chilenos visitou o Castro de San Lourenzo e o proxecto de Arqueoloxía da Guerrilla de Repil. Os expertos andinos pertencen á Universidade Católica del Norte e ao Instituto de Investigaciones Arqueológicas y Museo Padre Le Paige de San Pedro de Atacama. Estes organismos publican un dos máis relevantes xornais científicos desta especialidade no ámbito de Latinoamérica.
ARQUEOLOXÍA DO PASADO RECENTE
O grupo que visitou A Pobra traballa no proxecto Red Internacional de Estudios Críticos del Patrimonio Cultural del Desierto de Atacama, que financia o Goberno de Chile. Segundo informaron dende o Concello da Pobra, este proxecto trata de analizar os procesos de construción e discursos patrimoniais que emerxen dende a Arqueoloxía e a ecoloxía política en perspectiva comparada, tanto en España como en Chile. O socio español é o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, ao que pertence Xurxo Ayán, director do proxecto do Castro de San Lourenzo, e que traballou en Atacama en 2013.
A visita xustificouse polo interese destes estudosos nos proxectos de Arqueoloxía do Pasado Recente que se realizan na Pobra, como é o caso do xacemento de Repil.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
Ir a Inicio