Crónica del sur de Lugo

Medio millón de euros da Deputación en investimentos en Chantada

• O Executivo provincial destina 350.000 euros para arranxos no campo de fútbol e no pavillón • Os restantes 150.000 euros van para arranxar locais sociais e pistas de 5 núcleos rurais

O presidente da Deputación coñeceu os espazos nos que se van realizar as obras, acompañado polo alcalde, Manuel Varela. GPDL

Chantada disporá de instalacións deportivas e sociais renovadas, logo da aprobación polo Executivo provincial de 500.000 euros para estas obras, que inclúen tamén melloras en vías rurais.
A comezos deste mes, iniciáronse os traballos de renovación do céspede artificial do campo municipal de fútbol do Sangoñedo, para o que a Deputación aporta 266.000 euros. O presidente, Darío Campos, manifestou que esta obra, moi demandada polos xogadores dos equipos locais, beneficiará tanto á SD Chantada e o Atlético Chantada, como aos rapaces das Escolas Deportivas Municipais.
Pola súa banda, para o arranxo do pavillón haberá 80.000 euros provinciais. No espazo no que xoga o CB Chantada, renovarase o parqué da cancha, e instalaranse rampas de acceso.
Os investimentos da Deputación tamén chegan ao rural. A entidade aportou 30.000 euros para acondicionar os locais sociais de Mundín e Vilauxe, e outros 75.000 euros no arranxo de estradas e accesos en Arcos, Mundín, Uriz, Villardamos, barrio da Ponte e San Esteban. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio