Crónica del sur de Lugo

Continúan as actuacións de mellora nas estradas de Láncara

• O Goberno autonómico leva investido máis de 1,2 millóns na mellora da estrada LU-621

Balseiro mantivo un encontro con representantes municipais e veciños para explicar as novas melloras en viais de Láncara. GPDTL

A rede de estradas autonómicas rexistrou novas obras de mellora no término municipal de Láncara. Na LU-621, a Xunta rematou recentemente novos arranxos, nesta ocasión en algo máis de 8 quilómetros entre Valdriz e o cruce coa estrada LU-633 á altura de Carracedo.
Os traballos, adxudicados por importe de 392.000 euros, dan continuidade a anteriores melloras tamén custeadas pola Xunta. O delegado territorial en Lugo, José Manuel Balseiro, achegouse a Láncara para supervisar o resultado das obras, que dan continuidade a diversas actuacións realizadas neste mesmo vial. Balseiro lembrou que en 2017, a Xunta fixo arranxos conxuntos na LU-621 e na LU-622 entre Corvelle e Láncara, para os que aportou 254.000 euros. O ano anterior, fixéronse obras no tramo da LU-621 ata o cruce de Pousada e a N-VI, cunha dotación de 150.000 euros. En 2015, actuouse na travesía da Pobra de San Xiao, cun proxecto global sobre o firme e a contorna, cun investimento de 485.000 euros.
Ademais, a Xunta vén de expoñer a información pública o proxecto de construción da senda peonil de medio quilómetro entre A Pobra de San Xiao e a ponte de Valdriz. Tamén este mes iniciáronse as obras para renovar o firme na LU-620, no tramo autonómico de 1,2 quilómetros entre A Reboleira e o antigo aeródromo de Sarria. Para este proxecto, a Xunta destina 31.700 euros. •

•A Deputación arranxou dúas estradas en Láncara con 93.000 euros

A comezos deste mes, estaban rematadas as obras de acondicionamento que a Deputación realizou en dúas estradas do término municipal de Láncara. O organismo provincial aportou 93.000 euros a estas actuacións, que van beneficiar a máis de 450 veciños da contorna.
As obras serviron para mellorar os primeiros 800 metros da estrada LU-P-2704, de Veiga de Anzuelos por Trasliste a Bande, un vial que dá acceso á estrada N-VI e á autovía A-6. Nesta mesma estrada, o organismo provincial acondicionou un tramo de 4 quilómetros de Bande a Toirán.
As últimas obras incluíron 2,6 quilómetros da LU-P-5706 de Morelle a Seteventos-Monseiro, dende o punto quilométrico 5,1 ao 7,7. Este vial dá servizo a tres parroquias de Láncara, con máis de 200 veciños, e funciona como principal acceso ao Concello de Sarria.
Nas dúas estradas, os arranxos consistiron na limpeza de cunetas, aplicación de aglomerado en quente para acondicionar o firme, e renovación dos sinais verticais e horizontais. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio