O Concello de Monforte acondiciona máis viais na contorna da rúa Ourense

O alcalde de Monforte e o concelleiro de Servizos supervisan o arranque dos traballos entre as rúas Cobas e Ourense. GPCM

O Concello de Monforte continúa coas obras de mellora nos viais urbanos, nesta ocasión na contorna da rúa Ourense. A primeira quenda de traballos implica ás rúas Pantón, Perfecto, Río, Ribas de Sil, Courel e Diego de Lemos. Ademais, vanse mellorar, tamén con aglomerado en quente, as travesías Conde Froila Díaz e Poeta Pero de Veer. As actuacións terán continuidade nun tramo de 700 metros da rúa Ourense, dende a Opel ata a rotonda. O alcalde, José Tomé, indicou que nesta obra vaise renovar o firme e, nalgúns puntos, tamén as beirarrúas. A finalidade é «cambir a totalidade da imaxe desta zona», cunha «mellora integral» logo dos traballos feitos na rúa Cobas. O rexedor local lembrou que nesta zona non se tiñan acometido obras dende hai anos. «Trátase dunha zona moi poboada e que experimentou un crecemento importante», salientou o alcalde. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación activa un novo plan de emprego para colectivos sociais

Seguinte Nova

Os orzamentos da Xunta para 2019 queren priorizar ás provincias do interior

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: