Crónica del sur de Lugo

Circo de rúa e música tradicional con Luar na Lubre animaron o festival As Cores do Outono na Pobra do Brollón

A xornada do festival As Cores do Outono incluiu un espectáculo de circo de rúa na área recreativa de Samugueiros.(Foto: PILI CHAOS)
A Pobra do Brollón converteuse no epicentro da música tradicional galega coa celebración do festival As Cores do Outono, o pasado 23 de setembro.
FESTIVAL CONSOLIDADO NA SÚA QUINTA EDICIÓN
Esta cita, que acadou a quinta edición, comezou ás catro da tarde cun faladoiro na Casa da Cultura Olga Novo, coa participación de Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre.  Dende as sete e media, os máis cativos gozaron dun espectáculo de circo-clown na área recreativa de Samugueiros. Neste mesmo espazo, tiveron lugar a partir das nove da noite os concertos de Searas, Os Carapaus e Luar na Lubre, presentados polo humorista e dramaturgo Lois Pérez.
A MÚSICA GALEGA, PROTAGONISTA
A organización do festival estivo a cargo do Concello da Pobra do Brollón, coa colaboración da Deputación de Lugo. As Cores do Outono busca ser un referente cultural na contorna, “unha cita multidisciplinar na que a música galega é a protagonista, acompañada do teatro ou do cine”, salientou o alcalde, Xosé Lois Maceda.
“SIMBIOSE DE MÚSICA E NATUREZA”
A calidade do plantel de artistas citados no festival da Pobra foi destacada por Antonio Veiga, deputado nacionalista na Deputación. O representante provincial gabou esta iniciativa como “fundamental para afondar nas raíces culturais”. Pola súa banda, o deputado do BNG no organismo provincial, Xosé Ferreiro, salientou a importancia de escoller a área de Samugueiros como escenario do festival, nunha “simbiose de música e natureza”. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio