A casa niño da Pobra do Brollón atende a media ducia de nenos e nenas

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, acompañou ao delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na súa visita á casa niño Xoaniñas, o pasado 28 de
setembro. GPDTL
O municipio de A Pobra do Brollón conta cunha das 13 casas niño que están a dar servizo ás familias do rural na provincia de Lugo. En funcionamento dende maio deste ano, a casa niño Xoaniñas atende de xeito gratuíto a media ducia de nenos e nenas, dende as nove da mañá ata as cinco da tarde.
SERVIZO ÁS FAMILIAS DO RURAL
O sistema de casas niño estase a consolidar como un servizo “moi importante” nos concellos de menos de 5.000 habitantes. Así o destacou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, durante a súa visita á casa niño de A Pobra. Acompañado do alcalde, Xosé Lois Maceda, Balseiro salientou a importancia deste tipo de espazos “para dar resposta ás demandas de conciliación das familias que viven en contornas rurais”. As casas niño permiten, segundo o delegado da Xunta, que os pais e nais “cumpran coas súas obrigas laborais, e atender ao coidado dos seus fillos e fillas”.
DINAMIZACIÓN E EMPRENDEMENTO
A casa niño Xoaniñas de A Pobra botou a andar cunha axuda da Consellería de Política Social. José Manuel Balseiro lembrou que a Xunta vai continuar estendendo as casas niño no rural, promovendo máis liñas de axudas. O delegado destacou que estas subvencións favorecen a igualdade no acceso aos servizos no rural, impulsan o autoemprego a través do apoio aos emprendedores, e dinamizan os núcleos rurais fixando poboación. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Ribeira Sacra, escenario en Galicia da celebración do Día Mundial do Turismo

Seguinte Nova

O Parlamento galego pedirá a Turespaña que restaure un tramo da Muralla de Monforte

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: