Crónica del sur de Lugo

Quiroga é o concello do sur lucense con máis dotación en axudas ARI este ano

• O reparto de fondos deste exercicio destina algo máis de 200.000 euros para a área de rehabilitación integral (ARI) de Quiroga

Ademais da partida deste ano, Quiroga ten máis de 70.000 euros pendentes de executar en axudas ARI de anos anteriores. Arquivo EC
A comezos de outubro, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asignou preto de medio millón de euros para as áreas de rehabilitación integral (ARI) en tres municipios do sur lucense.
QUIROGA, MONFORTE E SOBER TEÑEN MÁIS DE 430.000 EUROS PENDENTES DE EXECUTAR
Quiroga resultou o máis beneficiado no reparto de fondos de 2018, cun total de 200.157 euros, aos que hai que sumar outros 70.000 de convenios anteriores aínda sen executar. Desta volta, a Monforte de Lemos correspondéronlle 186.159 euros, e ten máis de 120.000 sen executar de exercicios anteriores. O terceiro municipio do sur con fondos ARI é Sober, con 109.050 euros deste ano, e pendentes de executar máis de 240.000.
OS PARTICULARES DEBERÁN SOLICITAR NO CONCELLO AS AXUDAS
Segundo precisaron dende a Delegación Territorial da Xunta, foron 34 os concellos galegos que solicitaron estas achegas, cun total de 18 millóns de euros.
Os fondos ARI permiten a rehabilitación de vivendas  por particulares, e de espazos nestas áreas por parte dos Concellos.
Logo deste reparto, procederase á sinatura dos convenios cos Consistorios. A continuación, cada Concello convocará as axudas, que deberán solicitar os particulares no caso de  rehabilitar as súas vivendas. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio