Crónica del sur de Lugo

Balance da repercusión do canon no sur de Lugo

Acondicionamento de accesos e abastecemento de auga, as necesidades máis demandadas

Redacción – Monforte

No concello de Chantada xa están en marcha as obras do novo auditorio, unhas obras con cargo ao canon da Deputación. SN

Durante o último ano, e sobre todo durante os últimos meses, foron moitas as obras executadas en distintos concellos grazas ao canon da Deputación. Dende a rexeneración de pavimentos ata o acondicionamento de accesos e camiños, pasando por traídas de auga, rehabilitación de locais sociais, humanización e alumeado de rúas, e mesmo a construción de diversas infraestrutras; todas elas foron obras demandadas polos concellos, necesarias para os veciños, e executadas grazas ao diñeiro do canon. Concellos como O Saviñao, Pantón, Ribas do Sil, Quiroga, Sober, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón ou Chantada, foron algúns dos beneficiados, ainda que destaca especialmente o caso de Chantada, onde despois de moitos anos, dende a Deputación estiman que se cumpliu con esta débeda histórica.

MELLORA DOS ACCESOS EN O SAVIÑAO

Facendo un repaso, no municipio de O Saviñao o orzamento total investido dende o ano 2008 e ata o 2010, foi de 628.539 euros. Uns cartos que se adicaron sobre todo á rexeneración de pavimentos e á mellora de accesos en lugares como Ribeira-Chao da Broza, Pena Fión ou Figueiras.

TRAÍDA DE AUGAS E MELLORA DE ACCESOS EN PANTÓN

O concello de Pantón tamén contou con preto de 349.000 euros para a execución de tres obras, principalmente. Estas foron a renovación e condución da traída de augas na rúa Chao Falcón, a traída de augas a Bazal, e o acondicionamento do acceso á igrexa de Ferreira; unha obra esta última que ainda se está a executar.

EQUIPAMENTO E AMPLIACIÓN DO CONSISTORIO EN RIBAS DE SIL

No caso de Ribas do Sil, o diñeiro correspondente ao canon, que ascende a 461.189 euros, empregouse na compra dun tractor para facer traballos de limpeza e desbroce no municipio, así como na construción dun edificio para a ampliación da Casa do Concello.

ACCESOS RURAIS E URBÁNS, REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E SANEAMENTO EN QUIROGA

No municipio quirogués, dende o ano 2008 e ata o ano pasado, investíronse máis de 500.000 euros en diferentes iniciativas. Entre elas, o acondicionamento e a mellora de varios accesos, no centro sociocultural de Nocedo, no ensanche e acondicionamento da rúa Río Miño, e na rehabilitación do centro social Os Novais. Sen embargo, a actuación máis destacada con preto de 170.000 euros foi a mellora dos accesos, abastecemento de auga e saneamento en distintos núcleos da localidade; un proxecto que ainda se atopa en execución.

RÚA DO PROGRESO, ALUMEADO E SANEAMENTOS EN SOBER

Preto de 450.000 euros foi a inversión do canon realizada no municipio de Sober. E entre as actuacións, acondicionamento de accesos, saneamento e abastecemento de auga e alumeado público. Cabe destacar o proxecto de pavimentación da rúa do Progreso, no que unha vez rematado investiranse case 59.000 euros.

ACTUACIÓNS URBANAS E RURAIS EN MONFORTE

Ainda que a cantidade semella pequena, pouco máis de 233.000 euros, as obras executadas na localidade monfortina foron moitas. Así por exemplo, nas dúas anualidades destes tres últimos anos realizouse o acondicionamento de diversos camiños municipais, pero tamén se levou a cabo a humanización da rúa Otero Pedraio, e a primeira fase do alumeado do paseo fluvial do río Cabe ao seu paso pola cidade.

SINALIZACIÓN, ACCESOS E EQUIPAMENTO URBÁN EN BROLLÓN

No municipio de Brollón están rematados a día de hoxe e grazas ao canon da Deputación, o acondicionamento e mellora de accesos no termo municipal, a sinalización e mobiliario urbán do mesmo, e tamén a sinalización do concello. En total investíronse 235.922 euros, dos que máis de 55.000 serán para o acondicionamento dos accesos en Abrence, A Pobra, Pinel e o pavillón polideportivo; un proxecto que ainda está pendente de adxudicación.

5 MILLÓNS DE EUROS INVESTIDOS EN CHANTADA

Entre outras actuacións, cabe destacar na actualidade as obras do novo auditorio de Chantada que xa comezaron hai uns días. Trátase da segunda fase dun complexo que reformará por completo a praza de Galicia. O canon de Chantada, nas súas tres anualidades ascende a case cinco millóns de euros. Unha inversión coa que tamén se levaron a cabo outros proxectos, como o acondicionamento de accesos en numerosos lugares, e o abastecemento e sanemento de auga. Pero na vila do Asma tamén se destinaron 30.000 euros ao desenvolvento das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación); máis de 155.000 euros ao proxecto de aforro enerxético nas piscinas municipais, e arredor de 473.000 euros para a remodelación das piscinas exteriores. Como no resto de concellos, unha serie de obras demandadas e necesarias para mellorar a calidade de vida dos veciños.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio