A obra de Manuel Jorge pode verse en Lugo e na súa Chantada natal

Na inauguración da mostra de Manuel Jorge en Lugo, o 13 de setembro, estiveron o presidente da Deputación, Darío Campos, o alcalde de Chantada, Manuel Varela, e a deputada de Cultura, Pilar García. GPDL

Ata o 11 de novembro, o Museo Provincial de Lugo ten abertas as súas portas para visitar a exposición retrospectiva da obra de Manuel Jorge. «Pinceladas de sombra, trazos de luz» é o título da mostra na que se debuxa a traxectoria deste artista chantadino de 89 anos, autor de máis de 2.000 pezas. Arquitectura e pintura, realismo e abstracción forman parte desta viaxe pola vida creativa de Manuel Jorge.
A exposición contou coa colaboración da Asociación de Amigos de Manuel Jorge de Chantada, impulsora da obra deste artista, dende que organizaran a súa primeira retrospectiva en Chantada en 2016.
O percorrido iníciase no refectorio do Museo, con obras da época máis figurativa, na que Manuel Jorge centrouse sobre todo en retratos e temas vinculados a Galicia. Na sala de exposicións, amósanse as pezas de carácter abstracto, na que abunda a temática paisaxística froito das viaxes do autor.
A exposición complétase co visionado, na sala de audiovisuais do Museo, de dúas pezas fílmicas. Unha delas recolle a entrevista realizada a Manuel Jorge en 2015, na que o artista chantadino reflexiona sobre a súa obra. A outra peza constitúe un visionado de imaxes en torno á súa creación arquitectónica.
Para coñecer a obra máis recente de Manuel Jorge hai que achegarse ao Auditorio de Chantada. Neste espazo, pode verse ata mediados de novembro a segunda parte desta exposición, que integra creacións abstractas en homenaxe a Christina Snellman, tamén creadora e parella do artista. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

395,1 hectáreas puxéronse en valor no sur lucense con axudas da Deputación

Seguinte Nova

Apoio da Deputación para a organización de 10 concertos da Sociedade Filarmónica de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: