Crónica del sur de Lugo

395,1 hectáreas puxéronse en valor no sur lucense con axudas da Deputación

O voceiro do Goberno provincial coñeceu in situ varias parcelas recuperadas en Friol coas axudas provinciais. GPDL

Un total de 173.500 euros suman as 48 axudas que a Deputación leva concedidas no sur de Lugo para a recuperación de terras abandonadas. Deste xeito, a superficie posta en valor ascende a 395,1 hectáreas, o que sitúa ao sur lucense como o territorio con maior índice de recuperación de terreos de toda a provincia. O segundo posto corresponde á Montaña, na que se recuperaron 276,3 hectáreas, a través de 61 axudas por importe total de 128.500 euros. No conxunto da provincia, as achegas da Deputación suman preto de 560.000 euros nas dúas edicións anteriores, beneficiando a 220 agricultores coa recuperación produtiva de preto de 1.200 hectáreas.

As solicitudes de axudas para a terceira edición deste programa poden presentarse ata o 28 de setembro. Cómpre lembrar que as achegas provinciais ofrecen 500 euros por hectárea.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio