Crónica del sur de Lugo

Reforzo dos servizos municipais e máis postos de traballo en Chantada co DepuEmprego

• A Deputación achegou 70.000 euros a este municipio, para contratar a 5 persoas que estaban no paro

Un dos 5 novos traballadores que presta servizo no Concello de Chantada grazas ao DepuEmprego. GPDL

O impulso ao emprego e aos servizos municipais é o obxectivo do programa DepuEmprego, unha iniciativa pola que a Deputación vén de xerar 5 novos postos de traballo en Chantada, cunha aportación de 70.000 euros. “Somos conscientes de que os Concellos teñen limitacións para contratar, por iso puxemos o programa en marcha”, explicou a deputada de Promoción Económica. Sonsoles López Izquierdo destacou que, ademais de xerar emprego, este plan mellora o catálogo de servizos que dan os concellos.
No caso de Chantada, os cinco novos operarios poñen a súa experiencia previa ao servizo dos veciños. Iván, de 31 anos, que exerce de peón de rego asfáltico, salienta que “este posto encaixa perfectamente co meu perfil profesional”, dada a súa experiencia previa “no sector privado e no público”. Para Iván este é o seu segundo ano no DepuEmprego, situación que tamén se repite no caso de José. Aos seus 50 anos, traballa como conductor de camión de gravilla, e anteriormente foi condutor de pisón. “Antes traballei nos camións”, polo que acumula gran experiencia para este posto.
Os 21 anos de traballo como palista e chófer permitiron a José, de 53 anos, lograr un posto similar no DepuEmprego e traballar en Chantada.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio