Continúa o plan municipal para a renovación de rúas: o Concello de Monforte anuncia 15 novas obras

• Ademais, o Goberno local arranxou o firme da rúa Carude, e comezou actuacións similares na rúa Reboredo e na estrada a Rozabales coa Deputación

Imaxe das obras na rúa Carude. GPCM
O plan de acondicionamento de rúas que está a desenvolver o Goberno local segue en marcha en Monforte. A mediados deste mes, tiñan lugar os traballos de aplicación de aglomerado en quente en case 500 metros da rúa Carude, dende o Paseo de Lugo ata a Capela de San Lázaro, para acabar coas numerosas fochancas que presentaba. «Queremos que un barrio tan emblemático como o de Carude teña a imaxe que merece», salientou o alcalde, José Tomé, no inicio das obras.
300.000 EUROS EN 15 RÚAS DE 5 BARRIOS
Esta actuación anticipa un conxunto de obras que comezarán entre finais de outubro e principios de novembro. Tomé anunciou 15 actuacións que mellorarán a mobilidade e o aspecto de cinco barrios. Cun montante de preto de 300.000 euros, as obras desenvolveranse na contorna de San Pedro e Zapardiel, no barrio da Estación, na zona do Hospital, na contorna da rúa Veiguiña, e na do eixo San Lázaro-A Piguela.
En todas as rúas, vaise arranxar o firme con aglomerado en quente. As obras agrúpanse en dous lotes, o primeiro deles coas rúas Carlos Casares, Avelino Cachafeiro, Jacinto Benavente, Juan Ramón Jiménez, Rosalía de Castro, Ramón y Cajal, Padre Feijóo, Juan Montes e Miguel de Cervantes. O segundo proxecto abrangue os viais dos Abeledos, os tramos 1 e 2 da Corredoira, a Veiguiña co tramo inicial da rúa Santiago, e as rúas Ferrol e San Lázaro, ademais dos accesos ás vivendas da Pinguela.
MÁIS ASFALTADOS
Tralo arranxo en Carude, empezouse a traballar no firme da rúa Reboredo, nun tramo de 500 metros dende o paso a nivel ata o remate das beirarrúas. O Concello acometerá tamén o arranxo da estrada de Monforte a Rozabales e Vilachá de Salvadur. Tomé destacou que así se dá continuidade ás melloras do ano pasado, e coa colaboración da Deputación. As obras afectarán ao tramo dende o Barrio Novo ata a entrada a Caneda, e a outro tramo máis estreito, cerca da pista de Vilamarín. En conxunto, estes traballos e os de Carude suman 260.179 euros. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Este ano quedará rematado en Pantón o arranxo de case 20 quilómetros de pistas

Seguinte Nova

Os produtos locais, unha marca de valor e identidade

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: