Crónica del sur de Lugo

A 17ª Volta a Galicia regresou ao sur de Lugo

A proba galega elixiu Monforte de Lemos como peche desta edición

Imaxe da presentación da 17ª Volta Ciclista a Galicia, con remate en Monforte de Lemos o domingo 23 de setembro. GPCM

A cidade do Cabe porá o punto e final á edición número 17 da Volta Ciclista a Galicia. O domingo 23 de setembro, Monforte de Lemos acollerá a cuarta e última etapa desta proba, cun circuíto circular que arrancará ás dez da mañá da Praza da Compañía, e regresará a este mesmo emblemático punto en torno á unha e media da tarde.
Segundo os detalles ofrecidos pola organización da Volta a Galicia, a etapa monfortina percorrerá un trazado de 145,5 quilómetros, cun desnivel acumulado de 2.348 metros. O pelotón sairá por Ribasaltas cara Bóveda en dirección ao Alto de Rubián. A vila de Sarria acollerá unha meta volante, para continuar ata o segundo premio de montaña, na Cruz do Incio. Por Laiosa, os corredores retomarán o trazado por Bóveda e Cereixa para chegar á meta volante de Quiroga. En Toucedo virarán para remontar ao Alto de Castro de Ares, volvendo á Pobra do Brollón e regresando a Monforte por Ribasaltas. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio