Os Barrigas Verdes repetiron victoria no Torneo 3×3 Noite Meiga de Sarria

Arriba, os gañadores do Torneo 3×3 Noite Meiga 2018, e abaixo, imaxe do ambiente no pavillón Novo Chanto de Sarria. CB Sarria.
O CB Sarria organizou a tradicional cita co baloncesto estival no Torneo 3×3 Noite Meiga, que repartiu máis de 1.000 euros en premios. Ao longo da xornada do sábado 25 de agosto, disputouse esta proba que congregou no pavillón do Novo Chanto a un total de 16 equipos procedentes de Monforte, Lugo, Ourense e Ferrol, así como de Sarria.
EQUIPOS LUCENSES NOS PRIMEIROS POSTOS
Desta volta, a victoria regresou a mans dos Barrigas Verdes, equipo lucense que xa gañou a edición pasada. A formación integrada por Rubén Pernas, Rubén Fernández, Alberto Ares e David Guerra impuxéronse na final por 21-9 ao Pista Roja, no que xogaron os tamén lucenses Adrián López, Andrés Corral, Mor Niang e Gullit Mukendi.
O terceiro posto da clasificación foi para o equipo sarriao-lucense Los Mitiquísimos de Las Pueriles, formado por Emilio Torres, Diego Domínguez, Isidro López e Óscar García. A final de consolación deixou no cuarto posto aos Descolgados del Aro, formación baixo a que competiron os lucenses Miguel Vidal, Álvaro Pereiro e Andrés Lodeiro.
PREMIOS INDIVIDUAIS E TWO BALL
A nivel individual, o premio MVP foille concedido a Rubén Pernas, mentres que Iago Castro Martínez  gañou o Concurso de Triplas. Por último, o premio da competición Two Ball foi para Iago Castro Martínez e Iago Fernández Muñoz.
O Torneo 3×3 Noite Meiga 2018 estivo organizado polo CB Sarria e o Concello de Sarria, coa colaboración de Panadería Pallares e Tiro Libre, e os patrocinios de Ambar, Cristo Galicia e Deputación de Lugo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Club de Golf Río Cabe completou un intenso verán de competicións

Seguinte Nova

A 17ª Volta a Galicia regresou ao sur de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: