O Club de Golf Río Cabe completou un intenso verán de competicións

O Torneo Neumáticos Camino serviu para pechar as competicións do verán no Club de Golf Río Cabe. (Foto cedida)

Máis de media ducia de torneos encheron de actividade o campo de golf Río Cabe de Monforte. Ademais dos torneos patrocinados, as instalacións monfortinas acolleron o Campionato Galego individual da modalidade de Pitch&Putt.
O Torneo Neumáticos Camino puxo o punto e final ás probas estivais, o 2 de setembro. José Ángel Pérez Reñones, con -3, gañou en scratch, e na primeira categoría venceron Néstor Álvarez, con 41 puntos, Alfonso Álvarez, con 40, e Eduardo Varela, con 39. Na segunda categoría, os gañadores foron Gonzalo Campomanes, que rematou con 42 puntos, José Alberto Rodríguez, con 40, e Ricardo Castañer, con 37. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A edición número 45 da Subida a Chantada reuniu a 72 pilotos

Seguinte Nova

Os Barrigas Verdes repetiron victoria no Torneo 3×3 Noite Meiga de Sarria

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: