A edición número 45 da Subida a Chantada reuniu a 72 pilotos

• A terceira proba automobílistica con máis tradición de Galicia volveu ao Campionato de España • O triunfo foi para o vasco Joseba Iraola

Entrega de premios da 45ª Subida a Chantada, o 19 de agosto, coa presenza da delegada de Cultura da Deputación, Pilar García Porto, e o alcalde de Chantada, Manuel Varela. GPDL
O automobilismo galego celebrou no sur de Lugo outra proba puntuable para o Campionato de España. A 45ª Subida a Chantada retomou, tras 10 anos fóra do circuíto nacional, a dimensión competitiva que se merece, como terceira proba de Galicia en número de edicións.
GRAN ASISTENCIA
Un total de 72 pilotos, 21 deles procedentes de fóra de Galicia, déronse cita en Chantada na fin de semana do 18 e 19 de agosto, nun evento que reuniu a pilotos de primeira categoría, como Javi Vila, actual campión de España, ou recoñecidas figuras como José Antonio López Fombona, Jacobo Sobral e Jesús Ferreiro. Ademais, a Subida congregou a milleiros de persoas, entre participantes, público e equipos. A proba contou coa colaboración do Concello de Chantada e da Deputación de Lugo, principal patrocinador do evento, con 7.000 euros.
PODIOS MOI REÑIDOS
O triunfo final na 45ª Subida a Chantada correspondeu a Joseba Iraola, acompañado no podio por Javi Villa na segunda posición, e o vasco Pantxo Egozkue no terceiro posto. Segundo informaron dende a organización, a primeira categoría resultou moi emocionante, xa que se competiu con diferencias mínimas entre os tres máis rápidos.
A mesma igualdade presidiu a competición da segunda categoría, onde se impuxo Garikoitz Flores por só 667 décimas ao galego Sergio Varela Juan.
Na categoría de carrozados, alzouse gañador o Ginetta de J. Antonio Aznar, logo de arrebatarlle o liderato ao Subaru de Gerard de la Casa, que quedou segundo. O podio da terceira categoría completouse co espectacular Lamborghini de José Antonio López Fombona.
O Trofeo Escudería Chantada correspondeu a Mario Asenjo cun BRC B49, seguido por Rubén Nogueiras con Silvercar, e terceiro foi o chantadino José Antonio de Arriba, co Speed Car. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentan en Monforte unha nova publicación sobre a Ribeira Sacra en dous volumes

Seguinte Nova

O Club de Golf Río Cabe completou un intenso verán de competicións

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: