Crónica del sur de Lugo

Presentan en Monforte unha nova publicación sobre a Ribeira Sacra en dous volumes

• A Guía da Ribeira Sacra está publicada en gran formato e coidada edición

A nova Guía da Ribeira Sacra foi presentada en Monforte de Lemos polo alcalde, José Tomé; o deputado de Turismo, Eduardo Vidal; o presidente de Hércules de Ediciones, Francisco Rodríguez Iglesias; e o fotógrafo e tamén colaborador nos textos, Antón Rodicio, o 3 de setembro. GPDL
A Ribeira Sacra conta cunha nova publicación que trata de poñer en valor os seus atractivos naturais  e culturais. A Guía da Ribeira Sacra, que foi presentada no Concello de Monforte a comezos deste mes, ofrécese nun formato de grandes dimensións e en dous volumes, nos que se recollen as contribucións textuais e gráficas de preto dunha trintena de creadores.
A RIBEIRA SACRA, VISTA POR ESCRITORES, POETAS, PINTORES E ESCULTORES
A obra, que leva o selo de Hércules de Ediciones, inclúe fotografías de Antón Rodicio, e textos deste mesmo autor, así como de Gonzalo Xosé de Francisco da Rocha, Olegario Sotelo Blanco, Anxo Moure Mosquera, Sonia M. Fernández Pérez, Xosé Lois García, A. Pérez Caride, J. Santiso Rolán, Carolina Casal Chico, Isabel Aguirre de Urcola, Bautista Sotelo, Charo Canal, Ricardo Polín e Fátima Braña Rey. Así mesmo, a nova Guía da Ribeira Sacra integra aportacións dos poetas Luís González Tosar, Xulio López Valcárcel, Miguel A. Fernán Vello, Xesús Rábade Paredes, Xosé Lois García, Celia Parra, Víctor Campio Pereira, Rosa Enríquez, Alba Cid e Helena Villar Janeiro.
No aspecto gráfico, sumáronse á elaboración desta nova peza bibliográfica sobre os territorios da Ribeira Sacra os pintores e escultores Arturo Ceide, Lomarti, Roberto González Fernández, Manuel García de Buciños, Cristina Vázquez, Antonio C. Abalde, Fernando Casás, Antón Patiño, Francisco Pazos e Primitivo Lareu. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio